Taller de documental web no MPXA

Obradoiros

É o terceiro ano que dou clase no Máster en Xestión e Produción Audiovisual que organiza Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Universidade da Coruña. Os dous primeiros anos dei un seminario dunha soa mañá para introducir o alumnado do máster nas narrativas dixitais de non ficción e no documental interactivo dende o punto de vista da produción executiva.

Deberon quedar con ganas de máis porque este curso chamáronme para facer un curso práctico de 20 horas, e aí estivemos a mediados de xaneiro, durante dúas semanas aprendendo a contar historias doutra maneira e a prototipalas usando a ferramenta Klynt. Fixemos dúas prácticas sobre historias que tiñan que ver coa cidade: unha sobre as hortas urbanas da Coruña, e outra sobre o universo de patrimonio e memorias persoais que garda a praza de María Pita.

This slideshow requires JavaScript.

Foi un pracer traballar con todos os participantes do máster, unha xente moi espabilada e traballadora. Con algúns seguimos falando despois do curso sobre posibilidades para seguir o camiño de contar historias na web e levantar proxectos deste tipo nun momento no que non é nada doado conseguir financiamento. As canles tradicionais aínda non atenden a este tipo de produtos e as novas aínda non acaban de xerar recursos que permitan abordar proxectos de webdoc de forma profesional. Pero irán aparecendo.

Advertisements