CanCasete

Traballos

Outro bonito proxecto no que andei metida nesta primavera tola foi CanCasete, unha encarga do Festival de Cans para recuperar a memoria musical da parroquia a partir das cintas que a xente garda na casa. Con ese concepto de partida xuntámonos Roi Guitián e María Lobo de Gingko e mais eu, coa inestimábel colaboración de Javi Campo, para facer unha curtametraxe documental que estreou no Torreiro de Cans o venres do festival e que esperamos poida ver a luz en breve. Acompañamos esa estrea dunha pinchada coas cintas dos veciños, que acometín eu sen medo subida a un chimpín, e cun Tumblr no que fomos colgando pequenos petiscos das historias, personaxes e músicas que atopamos en Cans.

 

 

 

Carballo Interplay

Eventos,Traballos

Festival-Carballo-Interplay-2014

Foi un pracer enorme traballar neste festival levando a comunicación nas redes, cun equipo estupendo e extraordinariamente eficaz. E ademais moi divertido. O mundo das webseries, todo un descubrimento para min, que tiña bastante prexuízo. Porque se comprobou que hai moita paixón e unha gran comunidade detrás. Oxalá este sexa o primeiro de moitos. Longa vida ao Carballo Interplay.