El cine está vivo

Traballos

Moito lle agradezo a Pablo Dávila o entusiasmo co que escribiu en Asimétrica sobre a distribución e promoción que estamos facendo coa película Encallados. Dubido que aínda sexa exemplo de nada, pero o certo é que estamos moi contentos co proceso, coa aprendizaxe e tamén cos resultados que pouco a pouco imos colleitando. Espero que co tempo este esforzo sexa útil para todos.

Señoras y señores: el cine está vivo. Se cierran salas, sí, pero las butacas han salido volando por las puertas de emergencia, nerviosas, atolondradas, han oído que hay lugares nuevos donde ofrecerse como sustento de las sensibles posaderas de los espectadores. Los cultos, los zafios, los nifú-nifá, cualquier persona que saque rendimiento a prestar atención a dos horas de ficción. Porque el cine, sea cual sea su temática, formato o soporte, nos interesa a todos y siempre lo hará.

¿De qué estoy hablando? De nuevas formas de conectar el cine con su público. En un panorama que rezuma decadencia y pésimos augurios, me dispongo a arrojar un rayito de luz, una bayeta de optimismo basado en hechos reales que seque un poco la frente de los desolados cineastas, cinéfilos y amantes de la cultura en general. Se apagan las luces, esto va a empezar:

 

Seguir lendo no artigo “Butacas nuevas”.

Encallados

Traballos

Moito dou a vara ultimamente con Encallados. Ten un motivo, claro. Tal como parece, son parte implicada. Non participei na creación nin na produción da película, pero quixen involucrarme na distribución para que non quedase nun caixón. Falando con Alfonso Zarauza das novas posibilidades de distribución e comunicación na rede, do que queremos facer con Screenly, do que aprendemos de Ignacio Vilar e do potencial que criamos que tiña a película, chamamos a Xoán Mariño de Mr. Misto e lanzámonos os tres á aventura de distribuír e promocionar un filme modesto e independente, rodado en galego e en branco e negro, de forma artesanal. Nesas andamos. Temos pouco que perder e moito que aprender polo camiño, que esperamos que sexa longo e proveitoso. Imos informando puntualmente do que pase con Encallados no seu Facebook, no seu Twitter e tamén na súa web, Encallados.com.

Aquí o videoclip coa canción e algunhas imaxes da película.

CanCasete

Traballos

Outro bonito proxecto no que andei metida nesta primavera tola foi CanCasete, unha encarga do Festival de Cans para recuperar a memoria musical da parroquia a partir das cintas que a xente garda na casa. Con ese concepto de partida xuntámonos Roi Guitián e María Lobo de Gingko e mais eu, coa inestimábel colaboración de Javi Campo, para facer unha curtametraxe documental que estreou no Torreiro de Cans o venres do festival e que esperamos poida ver a luz en breve. Acompañamos esa estrea dunha pinchada coas cintas dos veciños, que acometín eu sen medo subida a un chimpín, e cun Tumblr no que fomos colgando pequenos petiscos das historias, personaxes e músicas que atopamos en Cans.

 

 

 

Carballo Interplay

Eventos,Traballos

Festival-Carballo-Interplay-2014

Foi un pracer enorme traballar neste festival levando a comunicación nas redes, cun equipo estupendo e extraordinariamente eficaz. E ademais moi divertido. O mundo das webseries, todo un descubrimento para min, que tiña bastante prexuízo. Porque se comprobou que hai moita paixón e unha gran comunidade detrás. Oxalá este sexa o primeiro de moitos. Longa vida ao Carballo Interplay.

Screenly

Traballos

El pasado 31 de octubre presentamos en Barcelona, en el marco del festival In-Edit, el proyecto Screenly, una plataforma de distribución de cine en salas bajo demanda. Es un concepto novedoso en España aunque ya se está poniendo en marcha en otros países con experiencias como Tugg (Estados Unidos) o WeWantCinema (Holanda). Lo que dimos a conocer fue el arranque del proyecto, que verá la luz a mediados de 2014 con una fase piloto en Barcelona y luego se extenderá por el resto del territorio estatal. La plataforma web la desarrollará A Navalla Suíza en Santiago de Compostela.

screenlypresentacion1

Marc Prades y Alberto Tognazzi explican el funcionamiento de Screenly en el In-Edit Fast Forward, el 31 de octubre en la Sala Apolo.

 

Luzes

Artigos,Traballos

A finais deste 2013 naceu a revista Luzes, un proxecto xornalístico dirixido por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas e coordinado na redacción por Iago Martínez. Unha revista en papel, con moito papel e moito contido, cun deseño estupendo de H&D (Hidalgo e Doñate), e que se pode mercar en quioscos ou mediante suscrición por 10€. Non é barata pero é unha revista para gardar, coleccionar, agasallar ou deixarlles en herdanza ás fillas. Hai moitas ideas aí metidas pero sobre todo quere haber historias.

Como Pereiro é un liante meteume no Comité de Redacción, sen que teñamos moi claro aínda en que consiste nin cal é a nosa función ou maneira de organizarnos. Pero dá gusto compartir mancheta cos outros sete, xente que aprezo e admiro moito.

Aínda que cada vez me gusta menos escribir, tiven o privilexio de facer parte do primeiro número cunha reportaxe titulada “Eu vivín Cantareliña” que trata de recuperar a memoria deste concurso musical que foi todo un fenómeno cultural en Galicia entre o 1983 e o 1990, e no que participei sendo unha cativa en 1988.

(Ocorréuseme facer a reportaxe o día que atopei de casualidade este vídeo en Youtube. Si, a da coreografía coa frauta son eu)

Repito que cada vez me gusta menos escribir cousas destas do xornalismo, pero cústame dicir que non ás encargas. Por iso seguramente poidades seguir lendo algunha cousa miña en Luzes. Supoño que as irán almacenando todas aquí. Como se pode ver, para ser unha revista en papel Luzes ten unha presenza impecábel en internet.

Cromosoma Cinco

Traballos

A semana pasada RTVE estreou en multipantalla o documental Cromosoma Cinco, de María Ripoll e Lisa Pram. Que quere dicir “en multipantalla”? Pois que o documental para televisión, que xa colleitara un grande éxito no pasado Festival de Málaga, puido verse por fin na pequena pantalla, no programa Versión Española de La2, e que o mesmo día lanzouse a versión web, un pequeno webdocumental no que participamos desde A Navalla Suíza, da man dos amigos de Permanent.

A pesar dos poucos recursos e tempo de execución, quedamos moi contentos do resultado e sobre todo da experiencia de traballar con Permanent, coas directoras e co equipo do Lab de RTVE.es. Oxalá poidamos volver traballar xuntos máis cedo que tarde.

Cromosoma Cinco webdoc