Unha ducia de maneiras de compartir, aforrar, colaborar e vivirmos máis felices

Artigos

(Ducia publicada en Praza o 6 de xullo do 2012)

duciacompartir

A crise implica unha mudanza profunda na nosa macroeconomía, facéndoa cada vez máis micro e non por gusto. Certo. Mais se sumamos os avances da sociedade dixital e uns cantos consellos sabios das nosas nais e avoas (antes de que nos deixaramos levar polo consumismo inconsciente), temos oportunidades de facer a nosa vida mellor e mellorar a dos demais. Velaquí unhas cantas ideas e iniciativas próximas que contribúen á transición global cara a un mundo mellor e máis sustentable.

Unha ducia de personaxes singulares vistos con ollos singulares

Artigos

(Ducia publicada en Praza o 20 de abril de 2012)

Este pequeno gran país deu pequenos grandes homes e mulleres. Personaxes máis ou menos coñecidos que teñen unha grande historia detrás. Algúns non conseguiron o seu obxectivo na vida, outros puxeron todo o seu empeño en perseguir un soño, e outros limitáronse a sobrevivir, que non é pouco. Velaquí unha ducia de vidas antiheroicas cheas de humanidade vistas por cineastas que ollaron para eles dunha maneira especial.

Unha ducia de ideas para agasallar a un pai

Artigos

(Ducia publicada en Praza o 16 de marzo do 2012)

duciapai

Nas vésperas do 19 de marzo, día do Pai e mais das Pepas e Pepes do mundo, ofrecemos unha ducia de agasallos posibles e tamén algún imposible. Á espera do que nos poida suxerir opaipai, e deixando claro que calquera das suxestións vale tamén para nais, a maioría destas propostas son Made in Galicia / for Galicians. E case todas se poden mercar por internet. Que non se diga!

Unha ducia de vodas

Artigos

Comecei a miña colaboración nos contidos Praza abrindo unha sección baseada en diapositivas, por chamalas así. En concreto doce, con cadanseu comentario. A primeira ducia foi de vodas, co gallo da da filla de Amancio Ortega esta fin de semana. E realmente a da herdeira foi, creo, a menos interesante dunha ducia compartida con Papuchi, Rajoy, Ana María Ríos, o xuís de Portosás, Inés de Castro e Marcela e Elisa, entre outras. Esta sen dúbida é a miña favorita.

Miranda July, da performance ao videoblog (e as películas, e os libros, e a web…)

Artigos

Como veño de ler por aí, “se cadra é a única persoa no mundo que podería lexitimamente escribir na bio do seu Twitter “Escritora, autora, artista visual, dixital e de performance, directora de cine, actriz” (e por suposto, na súa bio real non pon nada semellante)”. Miranda July (Vermont, USA, 1974) é, efectivamente, todo iso, e unha das mulleres máis adoradas dos últimos anos pola escena indie, ou hipster, ou como lle vaian chamar nesta década.

Popcorn.js and I-docs: the start of a great relationship?

Artigos

A glance at popcorn.js and its possibilities for i-docs making, one week before the release of its 1.0 version at the Mozilla Festival in London.

The last article posted by Arnau Gifreu on the evolution and the future of the Internet invited me to start my collaboration with I-docs introducing the first proposals that are coming from different studios to create audiovisual narratives using HTML5. At least three projects (Popcorn.js, Zeega, and 3wdoc) were born in the last year offering different HTML5-based solutions, in some case specially designed for making webdocs. This leads me to think we are at the beginning of a decade full of experiments that will take the web communication onto the next level; maybe in the same way as Flash allowed in the early 00s, but I thing the change will be stronger, mixing the best of amazing visual narratives with the powerful sense of collaboration and real-time communication given by web 2.0 and semantic data. The beginning of an era always sounds pretty cool, like the feel of being in a very primitive stage of next-generation digital storytelling, doesn’t it?