Luzes

Artigos,Traballos

A finais deste 2013 naceu a revista Luzes, un proxecto xornalístico dirixido por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas e coordinado na redacción por Iago Martínez. Unha revista en papel, con moito papel e moito contido, cun deseño estupendo de H&D (Hidalgo e Doñate), e que se pode mercar en quioscos ou mediante suscrición por 10€. Non é barata pero é unha revista para gardar, coleccionar, agasallar ou deixarlles en herdanza ás fillas. Hai moitas ideas aí metidas pero sobre todo quere haber historias.

Como Pereiro é un liante meteume no Comité de Redacción, sen que teñamos moi claro aínda en que consiste nin cal é a nosa función ou maneira de organizarnos. Pero dá gusto compartir mancheta cos outros sete, xente que aprezo e admiro moito.

Aínda que cada vez me gusta menos escribir, tiven o privilexio de facer parte do primeiro número cunha reportaxe titulada “Eu vivín Cantareliña” que trata de recuperar a memoria deste concurso musical que foi todo un fenómeno cultural en Galicia entre o 1983 e o 1990, e no que participei sendo unha cativa en 1988.

(Ocorréuseme facer a reportaxe o día que atopei de casualidade este vídeo en Youtube. Si, a da coreografía coa frauta son eu)

Repito que cada vez me gusta menos escribir cousas destas do xornalismo, pero cústame dicir que non ás encargas. Por iso seguramente poidades seguir lendo algunha cousa miña en Luzes. Supoño que as irán almacenando todas aquí. Como se pode ver, para ser unha revista en papel Luzes ten unha presenza impecábel en internet.

Advertisements

One thought on “Luzes

  1. Hola María, escrebe Adela, non sei se te lembres, son amiga de Pepa da facultade. Acabo de vervos na reportaxe da Cantareliña e ficar emocionada…ao ver a Pepiña de nena, aí no escenario coma anos despois, qué ledicia! Sodes unha marabilla, bicos ás dúas! P.D. Sempre me recordo dun xantar de setas con nata que fixeches na vosa casa do Sar! Apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s