Documental web: mans á obra!

Obradoiros

Este é o título do taller que darei no LAV de Vedra 2013, o 16 e 17 de febreiro. Toda unha honra colaborar coa xente de Senunpeso.

Documental web: mans á obra

Cada vez máis a web está a ser un soporte para a narrativa audiovisual, especialmente a de non ficción. O documental reinvéntase e empeza a incorporar mecanismos da linguaxe da web: hipertextual, non lineal, espacial, inmersiva, interactiva e participativa.

Neste taller aprenderemos a identificar estes mecanismos e a aplicalos nas historias que queremos contar. Dun xeito práctico veremos cal é o proceso creativo necesario para un webdocumental: da idea inicial ao prototipado, do prototipo á identificación de recursos para a produción e o desenvolvemento e edición da web.

Achegarémonos tamén a algunhas ferramentas online especialmente interesantes para contar historias na web sen saber programación, como Popcorn Maker ou Zeega, e con elas descubriremos como a web non ten por que ser só o soporte final das nosas historias, senón tamén a materia prima para contalas. Fedellaremos con todo tipo de materiais procedentes Youtube, Soundcloud, mapas, imaxes, textos… para construír a través do remix a nosa propia narrativa na rede.

O taller está destinado a todo tipo de creadores audiovisuais, dende realizadores, guionistas ou xornalistas a todas aquelas persoas interesadas en contar historias de maneira diferente. Será práctico e colaborativo: todas as ideas e materiais previos serán benvidos, co obxectivo de discutir entre todos sobre as mellores maneiras posibles de contar a historia. Traede cámaras (valen as do móbil) e ordenadores portátiles. Pintaremos os prototipos sobre papel e faremos algúns experimentos con vídeo e outros elementos usando as ferramentas de edición non lineal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s