#ghastascultura? no Culturgal 2012

Eventos,Traballos

Este ano o Culturgal estreou unha sección experimental que argallamos e puxemos en marcha o equipo de comunicación do propio Culturgal, as rapazas da produtora Illa Bufarda e mais eu. Tratábase de facer “o stand do público” e poñelo no medio das outras casetas, para darlle voz á xente que visitaba a feira e preguntarlle polos seus hábitos de consumo cultural. O obxectivo principal era revertir o foco que moitas veces nestes eventos se pon na “industria cultural”, que adoita mirar para quen produce e distribúe a cultura máis que para quen finalmente vai destinada. Iso máis ca un problema é un síntoma, na miña opinión, pero en calquera dos casos está ben enfocalo e saber o que lle gusta a xente, o que non, o por que, canto gasta en cultura, a través de que intermediarios…

Precisaríase dun estudo serio para recoller e procesar toda esta información e facilitarlla á xente da “industria cultural”. A falta diso, o noso experimento foi unha mostra non científica senón aleatoria. Todo os vídeos resultantes pódense ver no canal de Vimeo do Culturgal. Este é só unha mostra:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s